Fumeiro 4.0

Mellora tecnolóxica no proceso tradicional de afumado na industria cárnica galega

Tradición e innovación para a mellorar o proceso de afumado

Fumeiro 4.0 aplica tecnoloxías de monitorización e análise de datos ao proceso tradicional de afumado de produtos cárnicos. O proxecto combina o coñecemento da empresa, a investigación alimentaria e as tecnoloxías de sensorización para coñecer mellor as condicións do proceso e avanzar cara a un afumado máis controlado, homoxéneo, eficiente e seguro.
O proxecto basase na monitorización de variables ambientais e térmicas e na súa relación coa operación dos fornos e o consumo de madeira.

Monitorización

Rexistrar a evolución da temperatura e a humidade durante o proceso de afumado.

Control de proceso

Dispoñer de información obxectiva para coñecer e mellorar o funcionamento dos fornos.

Calidade e seguridade

Contribuír a obter produtos máis homoxéneos, seguros e con mellores condicións de trazabilidade.

Eficiencia

Analizar a relación entre as condicións dos fornos, o proceso produtivo e o uso de madeira.

Como funciona Fumeiro 4.0?

Captura de datos

Os sensores rexistran a temperatura e a humidade nos fornos e no produto

Transmisión e almacenamento

Os rexistradores envían os datos á plataforma de almacenamento.

Visualización

A información pódese consultar e representar mediante gráficas.

Análise do proceso

Os datos relaciónanse coas entradas de madeira e coas condicións reais do afumado.

Dous fornos monitorizados

Para o desenvolvemento e validación desta tecnoloxía, equipáronse dous fornos de secado con sistemas avanzadas de monitorización en tempo real.

Forno grande

Equipado cun rexistrador ambiental e catro rexistradores de bloque para o seguimento das condicións ambientais e da temperatura en diferentes puntos do produto.

Forno pequeno

Equipado cun rexistrador ambiental e dous rexistradores de bloque para o seguimento das condicións ambientais e térmicas do proceso.

Noticias destacadas

Fumeiro 4.0 se presenta en Salimat Abanca

Fumeiro 4.0 fue presentado en Salimat Abanca por O Mosteiro, el Centro Tecnolóxico da Carne y la Universidade de Vigo. Una oportunidad para dar a conocer la aplicación de la innovación y la digitalización al proceso tradicional de ahumado.

Arranca Fumeiro 4.0

O Mosteiro, el Centro Tecnolóxico da Carne y la Universidade de Vigo ponen en marcha Fumeiro 4.0, un proyecto dirigido a mejorar el conocimiento, la digitalización y el control del proceso tradicional de ahumado.

Scroll al inicio