Sistema de monitorización

Unha rede de sensores rexistra as condicións ambientais dos fornos e a evolución térmica do produto para obter información obxectiva, continua e trazable do proceso de afumado.

A INSTALACIÓN

Dous fornos conectados, unha vision conxunta do proceso

O sistema combina medidas do ambiente e do produto no Forno Grande e no Forno Pequeno. Os rexistros almacénanse localmente, transmítense mediante redes 4G/WiFi independentes e centralízanse para a súa consulta e análise.

Fornos monitorizados
Rexistradores de datos
Puntos de medida no produto
Redes 4G/WiFi independentes

VARIABLES REXISTRADAS

Qué mide o sistema?

Temperatura do ambiente

Cada forno dispón duns rexistrador ambiental que permite seguir a evolución xeral da temperatura do aire interior.

Humedade relativa

Os rexistradores ambientais miden tamén a humidade relativa para caracterizar as condicións xerais de cada recinto.

Temperatura do produto

As sondas de inserción distribuídas por bloques rexistran a evolución térmica do produto en distintos puntos representativos.

Importante: os sensores non miden directamente a concentración de HAP. Rexistran as condicións ambientais e térmicas do proceso; a avaliación dos HAP realízase mediante análises alimentarias.

DISTRIBUCIÓN FÍSICA

Rede de sensores nos fornos

A instrumentación adáptase á organización física de cada forno e aos bloques de produto monitorizados.

Rexistrador ambiental Rexistrador de bloque Puntos de medida no produto Router 4G/Wifi

Forno grande

• 1 rexistrador ambiental.
• 4 rexistradores de bloque: B4, B5, B6 e B7.
• 16 puntos de medida no produto: S09-S24.
• 1 router 4G/WiFi.

Forno pequeno

• 1 rexistrador ambiental.
• 2 rexistradores de bloque: B1-2 e B2-3.
• 8 puntos de medida no produto: S01-S08.
• 1 router 4G/WiFi.

EQUIPAMENTO

Elementos da rede de medida

Rexistradores ambientais Comark SRF-613

Dous equipos, un por forno, rexistran de forma continua a temperatura e a humidade relativa do ambiente interior.

Rexistradores ambientais Comark SRF-613

Seis equipos recollen a temperatura de cada bloque mediante unha canle interna e catro canles externas conectadas ás sondas.

Sondas dobres Comark RFPX500D

Doce sondas dobres de inserción proporcionan 24 puntos de medida en produto. O seu cable de 5 m permite protexer os rexistradores en caixas separadas.

Conectividade autónoma e proteción

Cada forno conta coa súa propia rede 4G/WiFi. Os rexistradores de bloque alóxanse en caixas protectoras fronte ao fume e ás temperaturas elevadas.

ARQUITECTURA DE DATOS

Do forno á visualización

A adquisición e a transmisión son procesos independentes. Se se interrompe temporalmente a conexión, os rexistradores conservan os datos e sincronízanos cando volve estar dispoñible.

PASO 1

Medida

Os sensores rexistran temperatura e humidade nos puntos definidos.

PASO 2

Memoria local

Cada rexistrador conserva temporalmente os datos adquiridos.

PASO 3

WiFi

Os equipos conéctanse á rede sen fíos propia de cada forno.

PASO 4

Conexión 4G

O router proporciona a saída autónoma a internet.

PASO 5

Diligence Cloud

Os datos centralízanse para a súa consulta, supervisión e exportación.

PASO 6

Web auxiliar

Permite realizar vistas conxuntas e relacionar
os datos cos datos de leña.

Scroll al inicio