Entidades

Un esforzo colaborativo entre o sector produtivo, a investigación alimentaria e o ámbito universitario para modernizar e optimizar o proceso de afumado tradicional.

O Mosteiro

Empresa galega do sector cárnico que aporta a tradición e a experiencia na elaboración artesanal de produtos afumados. As súas instalacións e secadoiros reais actúan como contorno de ensaio industrial para o despregue, validación e optimización práctica das solucións tecnolóxicas de FUMEIRO 4.0.

Centro Tecnolóxico da Carne (CTC)

Centrado na investigación e desenvolvemento da calidade alimentaria, o CTC aporta a súa experiencia no ámbito da ciencia da carne. O seu equipo encárgase de avaliar o impacto do proceso de afumado nas propiedades organolépticas, a seguridade alimentaria e a homoxeneidade do produto final, garantindo o rigor científico e tecnolóxico no proxecto.

AtlanTTic – Universidade de Vigo

Aporta a experiencia investigadora no desenvolvemento de tecnoloxías de dixitalización e telecomunicación. O seu equipo lidera o deseño da arquitectura de sensorización, o sistema de transmisión de datos e a plataforma para a análise e visualización dos parámetros do proceso de afumado.

Scroll al inicio